“Casualidade ou desigualdade?”. Nova campaña pola equidade salarial e a conciliación

“Casualidade ou desigualdade?”. Nova campaña pola equidade salarial e a conciliación

Imprimir Email
(4 votos)

A Consellería de Emprego e Igualdade puxo en marcha a campaña “Casualidade ou desigualdade?”, que, a través de publicacións en redes sociais, pretende promover entre o tecido empresarial galego os valores e principios da igualdade laboral. 

Ante a importancia de fomentar unha redistribución de roles, avanzar na equidade salarial e mellorar a conciliación para corrixir as discriminacións laborais por razón de xénero, a través desta campaña a Xunta quere incidir na importancia de loitar contra o teito de cristal e evitar que as mulleres teñan que traballar máis para gañar o mesmo que os seus compañeiros homes.

Segundo datos recompilados pola propia Consellería, no 83% dos casos é a muller a que utiliza excedencias para o coidado dos fillos; as mulleres perciben un 19,55% menos que os homes polas mesmas responsabilidades; e o 53,79% das persoas graduadas son mulleres, pero tan só ocupan o 31% dos postos directivos nas empresas do IBEX.