A orixe sociocultural das diferenzas por cuestión de xénero, a fondo neste taller

A orixe sociocultural das diferenzas por cuestión de xénero, a fondo neste taller

Imprimir Email
(0 votos)

A oferta formativa do 2022 comeza cun taller en liña en materia de igualdade laboral, a través do cal se pretende afondar sobre a orixe sociocultural das diferenzas por razón de xénero e sexo. Esta sesión online de catro horas de duración, terá lugar o vindeiro 13 de xaneiro, en horario de tarde, a partir das 16:00 horas.

Esta acción está dirixida a persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral, en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade. Coa súa participación terán a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias.

Estrutura e inscricións

A estrutura do taller é a seguinte:

  • 16:00 horas: A construción social e cultural. Ana Isabel Pérez Simal, delegada de CCOO de Galicia
  • 17:30 horas: Rolda de consultas
  • 17:55 horas: Descanso
  • 18:05 horas: Emprego feminino. Datos estatísticos. Mónica González Otero, inspectora de traballo e seguridade social
  • 19:35 horas: Rolda de consultas
  • 20:00 horas: Fin da xornada

Todas as persoas interesadas en participar, deberán apuntarse antes do 9 de xaneiro nesta ligazón.