O goberno galego afonda na fenda dixital cunha enquisa sobre as mulleres e as TIC

O goberno galego afonda na fenda dixital cunha enquisa sobre as mulleres e as TIC

Imprimir Email
(0 votos)

A Xunta de Galicia ten aberta unha enquisa sobre o estado de coñecemento e manexo das mulleres no ámbito das tecnoloxías da información (TIC) coa que pretende coñecer a realidade do sexo feminino fronte ás tecnoloxías, de cara a poder deseñar unha folla de ruta que atenda ás súas necesidades.

Esta enquisa enmárcase no marco do estudo que se está a elaborar sobre o papel das mulleres ante as TIC coa fin de que permita afondar na fenda tecnolóxica e aportar solucións de capacitación de cara a mellorar a empregabilidade, que se acordou levar a cabo na Comisión de Mulleres nas TICs creada este ano.

Dispoñible nesta ligazón, este cuestionario recolle información cuantitativa e cualitativa co propósito de que tanto que as mulleres implicadas no movemento asociativo de Galicia e do eido da ciencia e da tecnoloxía, como as da cidadanía en xeral, acheguen as súas experiencias e opinións sobre o seu coñecemento e manexo destas ferramentas, xa que o seu uso contribúe á autonomía das mulleres, sobre todo nas zonas rurais.