O novo espazo de teleformación converte á Xunta en pioneira na formación virtual en igualdade

O novo espazo de teleformación converte á Xunta en pioneira na formación virtual en igualdade

Imprimir Email
(0 votos)

A nova plataforma de formación en liña para as empresas impulsada pola Consellería de Emprego e Igualdade xa está en marcha. A través dunha oferta formativa de carácter gratuíto a Xunta de Galicia busca fomentar, formar e sensibilizar á sociedade en materia de igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Este espazo, dispoñible a través da páxina web de Igualdade Laboral, ofrecerá accións formativas sobre conciliación e corresponsabilidade, rexistro retributivo, acoso laboral ou teletraballo, entre outras temáticas.

Primeiras formacións

Neste momento atópase aberta a inscrición para dos dous primeiros cursos lanzados a través desta plataforma, a cal rematará o vindeiro mércores 13 de outubro.

  • Curso básico en igualdade laboral (20 de outubro – 10 de novembro): formación básica de 8 horas de duración que pretende facilitar os coñecementos mínimos sobre a negociación dos plans de igualdade, no seo da organización, diagnose e igualdade retributiva, entre outras medidas. Podes consultar o programa completo e inscribirte aquí.
  • Curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo (20 de outubro – 20 de novembro): dirixido ás persoas responsables da implantación do protocolo de prevención e actuación ante o acoso laboral, facilitará mecanismos para a identificación deste tipo de condutas. O programa completo e a ligazón para a realizar a inscrición está dispoñible aquí.

Ambas formación serán impartidas por persoas expertas nestas materias e o alumnado poderá adaptar a preparación do curso ao seu ritmo e dispoñibilidade horaria. Ademais, farase entrega dun certificado de aproveitamento ao remate de cada curso.

Esta plataforma de teleformación sitúa a Galicia no primeiro lugar dentro das comunidades autónomas españolas no que respecta á formación específica en igualdade laboral, en modalidade virtual. As seguintes accións formativas serán anunciadas no campus virtual e na nosa web.