O traballo en clave feminina porase en valor este venres no Congreso Emprendedoras CEG

O traballo en clave feminina porase en valor este venres no Congreso Emprendedoras CEG

Imprimir Email
(0 votos)

O vindeiro venres, 17 de setembro, terá lugar o Congreso Emprendedoras CEG “Talento Empresarial Feminino”, un acto que nace da firma dun convenio de colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Co obxectivo de dar visibilidade ao traballo que a muller realiza como motor empresarial, neste evento tratarase por primeira vez na historia da organización empresarial galega a situación das empresarias, e servirá como marco para a análise do papel da muller dentro do tecido empresarial galego.

Clave feminina para a recuperación

Os contidos a tratar sustentaranse sobre catro piares básicos: visibilizar a situación actual das empresarias, reflectir as súas dificultades e buscar alternativas, favorecer o emprendemento e favorecer o asociacionismo feminino. Isto servirá para defender a necesidade de contar co liderado feminino para facer fronte aos novos retos aos que atoparemos trala crise da COVID-19 e promover o emprego e o talento das mulleres neste camiño cara a recuperación.

Ademais, espérase que este primeiro congreso sobre talento empresarial feminino sexa de utilidade para poñer enriba da mesa os impedimentos que as mulleres empresarias poden encontrar, tanto aquelas que están xa consolidadas no mercado como as que comezan a súa andanza laboral. Tamén se espera definir cales son obstáculos que aparecen nos seus camiños debido ao xénero e que esta xornada poida ser un altofalante destas dificultades.

Por iso, terán presenza diferentes personalidades femininas de Galicia de diferentes sectores económicos e sociais, que será as encargadas de avaliar o futuro do traballo feminino e romper o teito de cristal. Tamén se contará con destacada presenza institucional, tanto a nivel europeo, como nacional e autonómico, posto que para a Xunta de Galicia a igualdade laboral é unha cuestión prioritaria.

A clausura do congreso correrá a cargo de María Jesús Lorenzana, Conselleira de Emprego e Igualdade, baixo o título “Promoción do Emprego e do talento feminino desde a Administración Autonómica”.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón.