Nova convocatoria de axudas para a creación de gabinetes técnicos de igualdade laboral

Nova convocatoria de axudas para a creación de gabinetes técnicos de igualdade laboral

Imprimir Email
(0 votos)

Unha das funcións que a Consellería de Emprego e Igualdade reserva á Dirección Xeral de Relacións Laborais é a dirección e coordinación de competencias de promoción, coordinación, control e execución das competencias en materia laboral, RSE, igualdade laboral e conciliación da vida persoal e familiar das empresas. Por iso, dentro das súas competencias, a Dirección Xeral estableceu na orde do 16 de xuño de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo, as bases reguladoras de axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.

As entidades que poderán beneficiarse destas subvencións, que conta cun orzamento de 400.000 euros, serán as asociacións empresariais intersectoriais e as organizacións sindicais intersectoriais. Para poder acceder a esta convocatoria deberán ter un gabinete de igualdade que conte con, como mínimo, 1 persoa experta en igualdade laboral que acredite unha experiencia profesional de polo menos dous anos e/ou unha formación mínima na materia de 200 horas.

Actividades subvencionables

Tal e como se indica no artigo 2 da citada orde, será a creación do gabinete técnico, que desenvolva accións directas de apoio ás empresas e persoas traballadoras en procura da igualdade laboral e de oportunidades entre homes e mulleres.

O persoal destes gabinetes ten a obriga de encargarse de desenvolver, entre outras, as seguintes actividades de apoio ás empresas e asociacións sindicais:

  • Fomento da igualdade laboral
  • Definición, desenvolvemento, avaliación e seguimento dos plans de igualdade
  • Traballo de diagnose permanente desde o punto de vista da igualdade e da fenda salarial a través de diferentes actuacións como a análise sectorial dos plans, identificación de boas prácticas ou actividades divulgativas e formativas.

Como solicitar esta axuda?

A presentación de solicitudes realizarase de forma obrigatoria a través de da sede electrónica da Xunta de Galicia a través do formulario que atoparás aquí. O prazo estará aberto ata o vindeiro 2 de agosto de 2021.