Apoiamos con 200.000 euros o movemento asociativo das persoas autónomas

Apoiamos con 200.000 euros o movemento asociativo das persoas autónomas

Imprimir Email
(0 votos)

Dende hoxe e ata o vindeiro 15 de novembro de 2021, poderá solicitarse o programa de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas do ano 2021. Así o indica o Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo, onde se fai fincapé no obxectivo da Xunta de Galicia de apoiar este movemento asociativo e defender os seus intereses, para que poidan desenvolver o seu traballo de forma eficaz e fortalecer a súa estrutura.

Nesta orde de subvencións, o goberno galego inviste un total de 200.000 euros, que se engaden a outras iniciativas que se convocarán ao longo deste ano para apoiar aos autónomos e que sumarán arredor de 20 millóns de euros.

Serán subvencionables todos os gatos detallados no artigo 7 da citada convocatoria, puidendo financiar ata o 90% dos mesmos, sendo o máximo da contía da axuda de 55.000 euros.

Continúa aberto o prazo do 3º Plan de Rescate

Lembramos ademais, que as persoas traballadoras autónomas de Galicia están aínda a tempo de solicitar os apoios do terceiro Plan de Rescate, cuxo prazo remata o vindeiro 14 de xullo. Podes atopar máis información sobre esta partida de subvencións nesta ligazón.