Sabes que medidas fomentan a conciliación da túa empresa? Apréndeo neste webinar

Sabes que medidas fomentan a conciliación da túa empresa? Apréndeo neste webinar

Imprimir Email
(0 votos)

O vindeiro 23 de xuño informaremos a través da sesión en liña A Corresponsabilidade e a conciliación na realidade da empresa sobre as medidas concretas de fomento da conciliación e a corresponsabilidade, dirixida ás empresas galegas, co obxectivo de contribuír a reforzar a súa responsabilidade social empresarial.

Mediante unha exposición de medidas concretas e unha mesa redonda onde se compartirán experiencias de empresas pioneiras na implantación das mesmas, aprenderemos máis sobre como a conciliación non só é un motor de promoción da igualdade laboral, senón que trae outras moitas vantaxes, como a redución do absentismo, a mellora do clima laboral e a retención do talento feminino. Ademais, tamén axudan a mellorar a imaxe pública e a produtividade das organizacións.

Programa

16.30 horas - Introdución a medidas de conciliación e corresponsabilidade. Elena Mancha Montero de Espinosa, directora xeral de Relacións Laborais.

16.45 horas – Medidas concretas a aplicar polas empresas. Tania Baston Vilas, xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

17:20 horas – Mesa redonda: Experiencias concretas de empresas na implantación de medidas de conciliación. Modera: Carlos Gómez Martínez, subdirector xeral de Relacións Laborais. Participan: José Yera Fachal, director de recursos humanos de Hijos de Rivera SL; Luz Cachafeiro García, avogada na área de relacións laborais, coordinadora de Igualdade, Financiera Maderera SA (FINSA); Gema Panadero Cruz, xerente de Consultora de Ingeniería y Empresa SL (CIESA).

18:00 horas – Pecha da xornada

Inscricións

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Se tes interese en asistir, deberás cubrir o formulario que atoparás aquí.