A Xunta respalda a creación e mantemento de emprego feminino a través do Plan Emega

A Xunta respalda a creación e mantemento de emprego feminino a través do Plan Emega Destacado

Imprimir Email
(0 votos)

A Xunta respalda a creación e mantemento de emprego feminino a través do Plan Emega que proporciona 324 postos de traballo a través de 197 iniciativas empresariais.

 

Un apoio á responsabillidade social empresarial comprometida coa igualdade e oportunidades no eido laboral.

 

Unha iniciativa desenvolvida a través das axudas do programa Emega destinado a apoiar a posta en marcha e a reactivación de proxectos empresariais desenvolvidos por mulleres. Trátase de fomentar o emprendemento feminino e impulsar outras medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e servizos de asesoramento cos que facilitar a implantación e a consolidación de proxectos liderados por mulleres.

 

O programa consolídase como unha medida para promocionar a participación das mulleres no mercado de traballo e aproveitar o seu potencial para crear novas oportunidades de negocio. A finalidade última é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo.