A gala de entrega de galardóns dos Premios RSE Galicia 2019 celébrase o vindeiro 3 de marzo

A gala de entrega de galardóns dos Premios RSE Galicia 2019 celébrase o vindeiro 3 de marzo

Imprimir Email
(0 votos)

A Consellería de Economía, Emprego e Industria celebra o vindeiro martes, 3 de marzo, a gala de entrega de galardóns da terceira edición dos Premios RSE Galicia. O acto terá lugar a partir das 19:30 horas no San Francisco Hotel Monumento de Santiago de Compostela. 

A través destes premios búscase poñer en valor a aquelas organizacións galegas que adoptan principios e prácticas de RSE na súa xestión e que entenden a responsabilidade social de forma integral nestes tres ámbitos: laboral-económico, ambiental e de acción social. Por iso, desde RSE Xunta de Galicia compartiremos nas nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Linkedin) información durante a gala para que non perdas detalle.