Tes ata o vindeiro domingo para participar na 3ª edición dos Premios GEMCAT

Tes ata o vindeiro domingo para participar na 3ª edición dos Premios GEMCAT

Imprimir Email
(0 votos)

O domingo, 1 de decembro, é o último día para o envío de candidaturas para a terceira edición dos premios do Proxecto GEMCAT.

Se estás interesado en que se recoñeza o traballo da túa empresa en materia de conciliación e/ou igualdade, deberás cumprimentar este formulario de solicitude e enviar a documentación que se indica no apartado 7.2 das bases reguladoras destes galardóns ao seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

As candidaturas recibidas en anteriores edicións que non resultasen premiadas teranse en conta para esta terceira convocatoria.

Entrega de premios

Despois da valoración das solicitudes por parte da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, terá lugar a entrega de premios en Santiago de Compostela. Toda a información sobre o acto de entrega será anunciada na web do proxecto e en rse.xunta.gal.