O novo informe do Observatorio RSE xa está dispoñible para a súa descarga

O novo informe do Observatorio RSE xa está dispoñible para a súa descarga

Imprimir Email
(0 votos)

O XIII Informe de Resultados do Observatorio Permanente da RSE en Galicia xa está dispoñible para a súa descarga.

Este documento, que corresponde ao ano 2018, ten o obxectivo de expoñer o estado actual da responsabilidade social empresarial nas empresas galegas. Ademais, ten dous fins complementarios: coñecer a relación entre o nivel de desenvolvemento da RSE e o desempeño económico que pode derivarse das prácticas responsables e, por primeira vez, analizar o estado actual do compromiso das empresas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Resumo de datos

O informe realizouse cunha mostra de 659 empresas, o que supón un aumento de 100 empresas respecto á edición anterior, realizada no ano 2016. Analizouse o seu grao de coñecemento da responsabilidade social empresarial, así como dos ámbitos nos que consideran que poden actuar, sendo o laboral o máis destacado, cun 77,39%.

En canto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, os datos son positivos: máis do 64% das empresas enquisadas son coñecedoras destas metas, sendo o ODS 8 (Promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sustentable, o emprego pleno e produtivo e traballo decente para todos) e o ODS 5 (Lograr a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as mulleres e nenas) aqueles nos que as compañías galegas consideran que poden contribuír en maior medida.

Tamén por primeira vez, inclúe unha estimación da pegada de carbono das empresas galegas, que servirá de base para futuros estudos que se realicen neste aspecto do ámbito ambiental.

Consulta e descarga

Podes acceder á versión en galego a través desta ligazón. Proximamente subiremos a versión en castelán, que estará dispoñible na sección "Informes de evolución" da nosa web.