Apúntate á sesión networking que se celebra esta tarde na RSE-Innolab

Apúntate á sesión networking que se celebra esta tarde na RSE-Innolab

Imprimir Email
(0 votos)

A oficina presencial da RSE-Innolab celebra esta tarde a sesión networking "Pasos a seguir para implantar a RSE e como comunicala: A Norma SGE 21". Terá lugar a partir das 16:00 horas nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Avenida García Barbón, 104, Vigo).

Nesta actividade contarase coa participación da empresa coruñesa Emociacción. En concreto, Alexandra del Castillo Llamosas, responsable de Calidade e RSE, realizará unha presentación titulada "Coherencia: As organizacións orientadas ao servizo das persoas deben comezar polo compromiso coas persoas".

A sesión é completamente gratuíta. Para participar, é preciso inscribirse no formulario que atoparás nesta ligazón