Última oportunidade para participar na segunda edición dos Premios GEMCAT

Última oportunidade para participar na segunda edición dos Premios GEMCAT

Imprimir Email
(0 votos)

Quedan tres días para que se peche o prazo de participación na segunda edición dos Premios Transfronteirizos do proxecto GEMCAT. As empresas do espazo transfronteirizo ou con actividade transfronteiriza teñen ata o vindeiro mércores, 21 de agosto, para enviar a súa candidatura para que se recoñezan os seus esforzos en materia de conciliación e igualdade.

Lembramos que, segundo as bases reguladoras, para participar é preciso cumprimentar o formulario dispoñible nesta ligazón. Así mesmo, xunto coa citada solicitude, os participantes deberán remitir a documentación descrita no punto 7.2 das bases ao seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Entrega de premios

Unha vez finalizado o prazo de recepción de candidaturas, estas serán valoradas por un xurado composto, a lo menos, por unha persoa especialista en responsabilidade social empresarial de cada unha das entidades socias do proxecto.

No mes de setembro terá lugar o evento de entrega de premios desta segunda edición. A data e lugar de celebración serán anunciados na web do proxecto e en rse.xunta.gal