"A arte de xestionarse. A Xestión da RSE ao teu alcance" é o título da nova sesión networking da RSE-Innolab, que se celebrará o sábado 15 de xuño en horario de mañá a partir das 09:00 horas.
Esta actividade é gratuíta e está aberta a todas as empresas de Galicia. Durante a mesma, os participantes aprenderán xunto co alumnado da formación especializada "A xestión da RSE. Materia pendente" e coñecerán a experiencia en responsabilidade social empresarial da empresa viguesa Grupo S4.
O programa da xornada é a seguinte:
09:00h - Recepción
09:15h - Resumo do curso "A xestión da RSE. Materia pendente". Sandra Fernández Prado, docente do curso
10:30h - Experiencia RSE. Grupo S4
11:30h - Café networking
12:00h - Sesión networking. Dinámica: brainstorming de ideas
13:15h - Conclusións. Posta en común da sesión networking
14:00h - Peche
Se estás interesado en asistir, podes inscribirte no formulario que atoparás nesta ligazón.