A RSE-Innolab celebra unha nova sesión para as empresas galegas interesadas na responsabilidade social empresarial. Nesta ocasión, tratarase o tema da igualdade e a conciliación laboral, persoal e familiar.
A xornada terá lugar o venres 14 de xuño ás 17:00 horas e contará coa participación de Ana Núñez e Anabel Martínez, dúas mulleres referentes en Galicia para impulsar a igualdade e a conciliación nas empresas.
A entrada é libre e gratuíta.