A economía circular, protagonista na nova sesión networking da RSE-Innolab

A economía circular, protagonista na nova sesión networking da RSE-Innolab

Imprimir Email
(0 votos)

A RSE-Innolab organiza unha nova sesión networking, que leva por título “Estratexias de economía circular”. Esta actividade terá lugar o vindeiro venres, 7 de xuño, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas. 

Nesta ocasión, as persoas participantes poderán desfrutar dunha sesión conxunta co alumnado da formación especializada “Xestión estratéxica para a sustentabilidade desde o enfoque da economía circular”. Ademais, contarase coa presenza de Josefa de León Blanco, directora de Competitividade Estratéxica de Agroamb Prodalt, empresa participante da primeira edición do programa Responsabilízate, que compartirá a súa experiencia en responsabilidade social empresarial.

Tamén haberá un café networking onde as empresas poderán coñecerse e intercambiar experiencias. 

A asistencia é gratuíta, previa inscrición. Se estás interesado, podes apuntarte no formulario que atoparás nesta ligazón.