Últimos días para participar na primeira edición dos Premios do Proxecto GEMCAT

Últimos días para participar na primeira edición dos Premios do Proxecto GEMCAT

Imprimir Email
(0 votos)

O vindeiro sábado, 18 de maio, remata o prazo para participar na primeira edición dos Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade do Proxecto GEMCAT. 

Lembramos que as empresas que poden presentar a súa candidatura a estes galardóns son aquelas que conten con sede no espazo transfronteirizo ou aquelas de actividade transfronteiriza que leven a cabo actuación responsables en materia de conciliación e igualdade laboral. 

Así mesmo, recordamos que as solicitudes deberanse facer a través do formulario en liña dispoñible na páxina web do proxecto. De forma opcional, poderase presentar esta solicitude en papel en calquera das entidades socias do proxecto GEMCAT: Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia; Consellería de Emprego da Junta de Castilla y León; Consellería de Educación e Emprego da Junta de Extremadura; CIM Alto Minho; Universidade do Porto e Cámara Municipal de Braga. Xunto con formulario de solicitude, deberá enviarse por correo electrónico a documentación establecida no apartado 7.2 das bases reguladoras ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Os resultados faranse públicos nunha entrega de premios que terá lugar o vindeiro mes de xuño na Universidade do Porto

Máis información nas bases reguladoras