A RSE-Innolab organiza a súa primeira sesión networking: "Peregrinación pola RSE"

A RSE-Innolab organiza a súa primeira sesión networking: "Peregrinación pola RSE"

Imprimir Email
(0 votos)

A RSE-Innolab de Galicia celebrará o vindeiro venres 26 de abril a súa primeira sesión networking: "Peregrinación pola RSE".

A sesión terá lugar en horario de tarde e as empresas participantes poderán aprender e compartir experiencias co alumnado da primeira formación especializada desta oficina: "A RSE como cuarto pilar da xestión empresarial".

O programa da xornada é o seguinte:

  • 16:00h - Recepción.
  • 16:15h - Breve resumo do curso "A RSE como cuarto pilar da xestión empresarial". Sandra Fernández Prado, titora do RSE-Innolab.
  • 17:15h - Experiencia RSE. Axencia de viaxes Tee Travel (Vilagarcía de Arousa). Mariña Bello Vázquez, Responsable de Marketing e RRPP.
  • 19:00h - Café.
  • 19:30h - Sesión networking.
  • 20:30h - Entrega de Compostelanas RSE e Photocall RSE de Peregrinación.
  • 21:00h - Peche.

Todos os interesados en asistir deberán inscribirse previamente no formulario dispoñible nesta ligazón.