A Xunta de Galicia presenta o RSE-Innolab galego, enmarcado no proxecto GEMCAT

A Xunta de Galicia presenta o RSE-Innolab galego, enmarcado no proxecto GEMCAT

Imprimir Email
(0 votos)

O vindeiro 13 de marzo (mércores) celebrarase a xornada de lanzamento do RSE-Innolab galego, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que forma parte do proxecto POCTEP GEMCAT "Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo". Esta presentación terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Avda. García Barbón, 104, Vigo).

Ademais de dar a coñecer o alcance e os servizos do RSE-Innolab galego, con esta xornada quérese crear un marco para o intercambio de experiencias, estratexias e sensibilidades vinculadas á responsabilidade social empresarial, así como incrementar a promoción da RSE e animar ás empresas a participar neste programa.

Todos os interesados en asistir deberán realizar previamente a súa inscrición a través deste formulario. As prazas son limitadas e cubriranse segundo orde de inscrición. 

Que é o RSE-Innolab e quen pode participar

O RSE-Innolab é unha oficina de apoio en materia de responsabilidade social empresarial a través da que se aportarán solucións concretas aos desafíos actuais da RSE. Este espazo estará aberto durante o ano 2019 e nel desenvolveranse diferentes actividades relacionadas coa formación especializada en responsabilidade social empresarial, mentorización e titorización ou encontros entre empresas. 

Un dos principais obxectivos do RSE-Innolab é o de fomentar a responsabilidade social nas empresas e motivalas para que afonden na materia. Ademais, a través do mesmo, búscase aumentar a visibilidade e promoción de experiencias responsables, mediante un marco de intercambio de experiencias no que se poderán tamén identificar sinerxias e fomentar o networking empresarial. 

No RSE Innolab poderán participar todas aquelas empresas ou persoas traballadoras, independentemente do seu sector ou fórmula xurídica, cuxa sede estea no ámbito territorial do proxecto GEMCAT: Galicia, Estremadura, as provincias fronteirizas e adxacentes de Castela e León (León, Zamora, Valladolid, Salamanca e Ávila) e a Rexión Norte de Portugal, incluíndo Minho-Lima, Cávado e Grande Porto a través da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, o municipio de Braga e a Universidade do Porto.

Proxecto GEMCAT

Lembramos que o proxecto GEMCAT ten como obxectivo principal o de mellorar a eficiencia das políticas públicas para a creación e o mantemento dun emprego de calidade a través da cooperación entre as institución e a cidadanía. Ademais, este programa ten como un dos seus principais desafíos acadar un mercado de traballo en harmonía cun crecemento sustentable e integrador, centrado na creación de emprego e na redución da pobreza. 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agario unblocked
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel