"Tras Responsabilízate vimos que a RSE nunha empresa é algo case imprescindible"

"Tras Responsabilízate vimos que a RSE nunha empresa é algo case imprescindible"

Imprimir Email
(0 votos)

Dub Digital Audio é un estudo de gravación e posprodución de son situado en Culleredo (A Coruña). Esta peme, cunha clara vocación responsable, foi unha das participantes na primeira edición do programa Responsabilízate. E como pode aplicar a RSE unha empresa destas características? Falamos con José Alberto Novo Eirís, xefe de produción. 

Que motivos levaron a DDA Estudio a participar na primeira edición de Responsabilízate?

A nosa empresa sempre tivo unha clara vocación pola xestión sustentable e responsable no ámbito social, fomentando entre os nosos traballadores e accionariado  unha concienciación en temas medioambientais e de compromiso social. Pensamos que é moi importante a distinción entre empresas que fan as cousas dun modo axeitado e as que non, polo que vimos neste programa un xeito de dar visibilidade a unhas accións que para nós son elementais.

Que aspectos relacionados coa responsabilidade social empresarial querían potenciar?

Buscabamos sobre todo potenciar a visualización e aprender a integrar en todos os nosos procesos as formas responsables de xestión, tanto medioambiental como social.

Que esperaban do programa? 

Nós queriamos que nos ensinaran a integrar dun xeito máis automatizado unha forma de facer as cousas que xa tiñamos de forma espontánea. 

Que liñas estratéxicas se inclúen no plan de RSE de DDA Estudio tralo seu paso por Responsabilízate?

Buscamos a eliminación, na medida do posible, do uso de papel e a concienciación social de todos os estamentos de a empresa, tanto da directiva como dos traballadores e traballadoras.

Antes de participar na primeira edición, eran conscientes da importancia da RSE nunha empresa?

Comezabamos a entender a súa importancia, pero tralo programa vimos que agora é algo case imprescindible.

Cren que poden ser un referente para outras empresas do sector?

Temos esperanzas de ser pioneiros neste campo.

Unha empresa Responsabilízate
  • Empresa: Dub Digital Audio S.L.
  • Provincia: A Coruña
  • Sector: Audiovisual
  • Número de traballadores: 3
  • Obxectivo con Responsabilízate: Integrar métodos responsables nos procesos.
  • Valoración do programa: Moi positiva.