- O próximo día 31 de maio celebrase o primeiro encontro das pemes galegas participantes na primeira edición do proxecto RESPONSABILÍZATE
- Unha empresa de cada provincia galega, participante do Programa Responsabilízate, exporá as súas experiencias e actuacións en materia de RSE
- Contarase coa presenza do director da Fundación Más Familia, Roberto Martínez que realizará un relatorio sobre a RSE como elemento clave para a competitividade empresarial
- María Coutinho Villanueva, subdirectora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, exporá os resultados acadados no marco da 1º edición do programa
- 127 pemes galegas participaron na 1ª fase do programa Responsabilízate que consistiu na diagnose e formación en materia de RSE
- Un total de 103 pemes pasaron á segunda fase que se centrou na elaboración e implantación do plan de acción da RSE
- Finalmente, Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego, procederá ao peche da xornada e fará entrega do certificado de participación ás empresas participantes na 1ª edición do Programa
A Secretaría Xeral de Emprego celebra o I Encontro das empresas participantes na primeira edición do proxecto RESPONSABILÍZATE, que terá lugar o próximo día 31 de maio, en horario de mañá, no Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela, A Coruña, co obxectivo de presentar os resultados das actividades desenvoltas no programa e difundir algunhas das boas prácticas en materia de RSE recollidas dentro do mesmo.
Tratarase dunha xornada participativa e dinámica, tanto en canto un grupo de empresas participantes exporán as súas experiencias e actuacións en materia de RSE.
Así mesmo, contarase coa presenza do director da Fundación Más Familia, Roberto Martínez, que exporá a su visión sobre a RSE como elemento clave para a competitividade empresarial.
Por outra banda, María Coutinho Villanueva, subdirectora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, exporá os resultados acadados no marco da 1ª edición do programa, destacando que un total de 127 pemes galegas participaron na 1ª fase do programa Responsabilízate a través da cal, co acompañamento dun titor, as empresas puideron diagnosticar o seu estado de avance na RSE e recibiron formación na materia, e que un total de 103 pasaron á segunda fase que se centrou na elaboración e implantación do plan de acción da RSE.
Finalmente, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca procederá ao peche da xornada, facendo alusión ás diversas iniciativas postas en marcha pola Secretaría Xeral de Emprego sobre a Responsabilidade Social Empresarial, tales como a nova edición do Programa Responsabilízate cuxa convocatoria foi lanzada o pasado 13 de febreiro, e fará entrega do certificado de participación ás empresas participantes na 1ª edición.
Os principais obxectivos que se perseguen con este evento son os seguintes:
- Motivar ás empresas para que profunden na senda da RSE como modelo sostible aproveitando o coñecemento de experiencias das pemes participantes no proxecto.
- Achegar coñecementos e recursos prácticos en materia de RSE.
- Aumentar a visibilidade, difusión e promoción de experiencias RSE de interese entre as empresas galegas.
- Crear e propiciar un marco para o intercambio de experiencias, estratexias e sensibilidades, vinculadas á RSE e a sustentabilidade.
Podes consultar o programa completo da xornada aquí.