Merco publica o listado das empresas que reteñen máis talento en España

Merco publica o listado das empresas que reteñen máis talento en España

Imprimir Email
(0 votos)
  • Inditex, BBVA e Repsol son as tres empresas que lideran o ránking Merco Talento España 2017.

Merco Talento recolle as 100 empresas españolas con maior capacidade para atraer e reter talento en España. Os resultados da duodécima edición mostran o liderado neste aspecto de Inditex, BBVA e Repsol.

A compañía galega mantense unha vez máis á cabeza da clasificación, cuxas dez primeiras posicións se completan con BBVA, Repsol, Banco Santander, Telefónica, Mercadona, Google, Gas Natural Fenosa, Nestlé y Amazon. Pódese consultar a lista completa aquí. Os sectores máis representados nesta edición son o bancario, con oito entidades, e os de distribución e infraestruturas, servizos e construción, cun total de seis compañías cada un.

Merco Talento pretende recoller e analizar as diferentes dimensións reputacionais vinculadas ao talento, incorporando todos os colectivos que determinan o atractivo das empresas á hora de captar e reter talento. Este ano, o monitor contou para a súa elaboración coa opinión de máis de 19.240 traballadores, máis de 9.000 universitarios de último curso, 777 alumni de escolas de negocio, 1.200 cidadáns, 130 responsables de recursos humanos e 42 expertos e headhunters. Estes públicos avalían as empresas respecto a tres valores claves que inciden e determinan o atractivo destas: calidade laboral, marca empregador e reputación interna.

Preferencias laborais

Os universitarios españois aspiran a percibir un salario de 1.254 €/mensuais netos ao incorporarse ao mercado laboral. Un 60% dos universitarios valoran como factores de elección de empresas para traballar unha boa retribución e beneficios, así como calidade de vida (flexibilidade, teletraballo, etc.). Un 39,3% valora compañías que ofrezan formación e desenvolvemento profesional, recoñecemento e retos. Ademais, prefiren traballar en compañías grandes, preferiblemente multinacionais estranxeiras. Non lles importa viaxar, aínda que prefiren residir en España. Por último, desexan traballar en equipo e nunha contorna estable. 

Por outro lado, o 45,9% dos traballadores das grandes empresas españolas séntense identificados coas súas empresas, o 36% só satisfeitos e un 18,1% están desvinculados ou en clara deserción.

 

 

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
agario