A prevención de riscos laborais forma parte da lei para as empresas, e para as administracións, que deben velar pola seguridade e hixiene no traballo. Con todo, e en liña co lema #comparteRSE que decidimos poñer en práctica este verán, queremos involucrar a toda a sociedade nesta responsabilidade, pois cada un de nós podemos contribuír a esa seguridade.
No verán os riscos laborais céntranse en determinados oficios que se desenvolven ao aire libre e, polo tanto, baixo a exposición solar e as altas temperaturas. Por exemplo, xardineiros, socorristas, pescadores, agricultores, traballadores da construción... Golpes de calor e queimaduras son os riscos principais nestes casos. A responsabilidade recae en todos e, no caso de realizar estas actividades, ser responsable no seu desempeño. Algunhas claves: evitar traballar nas horas de máis calor, beber auga, usar gorro, cubrirse con roupa lixeira pero nunca sen ela e botar crema solar.
A lei encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto a empresariado e traballadores, á mellora das condicións de vida no traballo. A responsabilidade da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais maniféstase nas diversas campañas que pon en marcha o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Coincidindo co verán préstase especial atención a dous dos sectores máis importantes para Galicia.
Prevención na agricultura e pesca
Por unha banda, na agricultura desenvólvese unha campaña sobre os perigos do tractor e dos seus aparellos. Distribuiranse máis de 33.000 trípticos con información útil sobre os elementos de protección, medidas de prevencións e seguridade viaria. O ISSGA tamén imparte cursos especializados, que se enmarcan nunha campaña formativa máis ampla de prevención no sector agrícola. O obxectivo é reducir os accidentes, facendo especial fincapé naqueles causados pola envorcadura do vehículo. Neste sentido, desde 2011 téñense rexistrado máis de 70 falecementos por accidente de tractor, dos que dous terzos se produciron no eido privado. Por iso a Xunta conciencia da necesidade de extremar as precaucións en todos os ámbitos.
En canto ao sector pesqueiro, púxose en marcha unha campaña para promover o uso do chaleco salvavidas. Repartiranse máis de 11.000 trípticos con información para explicar os motivos e a importancia do seu uso constante e a súa correcta colocación.
A formación en materia de seguridade laboral do ISSGA promove a cultura preventiva no conxunto da sociedade. Nesta ligazón podes consultar os cursos de formación que van ter lugar en Galicia.
Lo último de
- Nuria Iglesias, Mobify "Buscamos reducir a pegada de carbono dos desprazamentos en vehículos privados "
- Sofía Godoy, Aboamigalla, “As certificacións son vitais, a proba do que dicimos é certo”
- Sofía Godoy, Aboamigalla, “As certificacións son vitais, a proba do que dicimos é certo”
- Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”
- Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”