O Mercado da Colleita: un exercicio de RSE polo desenvolvemento socioeconómico do rural galego

Imprimir Email
(0 votos)

POP-UP-INTERIOR

En Galicia está xurdindo un rural competitivo con proxectos que levan asociados desde a súa creación as claves de responsabilidade social empresarial (RSE). Principios como a sustentabilidade dos recursos naturais e a aposta dos emprendedores por ofrecer emprego no seu contorno máis próximo forman parte da filosofía destas empresas localizadas no ámbito rural.

Un total de 17 desas propostas empresariais converxen agora no Mercado da Colleita, que vincula así unha dobre vertente de RSE pois, a idea é, en si mesma, unha iniciativa de compromiso social compartida por tres grandes empresas galegas: Corporación Hijos de Rivera, Gadis e R Cable.

Estas empresas pertencen ao Grupo de Representación Empresarial Galego de RSE, constituído pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para crear un novo modelo de empresa máis ética, transparente e sensibilizada coa contorna. Este grupo está conformado por 14 grandes empresas que traballan no desenvolvemento da responsabilidade social desde una dobre perspectiva. Por unha banda, impulsando o coñecemento da RSE para seguir avanzando na materia. Por outra, tutelando un conxunto de pemes que comecen a integrala na xestión dos seus negocios.

Sustentabilidade e innovación

O obxectivo concreto desta acción de RSE é fomentar o desenvolvemento económico de Galicia e a sustentabilidade do medio rural. No Mercado da Colleita danse a coñecer os proxectos máis innovadores, divulgando as iniciativas con Parladoiros nos que as empresas comparten as súas experiencias e promocionando os produtos ecolóxicos cunha tenda temporal, que o verán pasado abriu na Coruña e, agora, estará aberta en Vigo ata o 31 de xullo.

CARTEL popup vigoA política de RSE das tres empresas pon o foco na cohesión e no compromiso coa nosa comunidade, así como no apoio á innovación e xeración de riqueza do territorio. Neste sentido, contribúe á divulgación de iniciativas que son referencia no novo tecido empresarial do rural galego e que se erixen como motor de cambio, innovación, investigación e desenvolvemento real deste.

Este mercado pon en valor iniciativas xa existentes e innovadoras que fan das zonas agrarias espazos sustentables e, ademais, serven de inspiración ao resto de produtores. Ao mesmo tempo, o proxecto impulsa o desenvolvemento competitivo de Galicia a través de accións que xeran riqueza no ámbito rural.

O mercado celebra este ano a súa terceira edición, despois do éxito acadado nas anteriores e, sobre todo, coa tenda aberta ao público. Ata o 31 de xullo, de luns a sábado en horario de mañá e tarde, permanece aberta a pop-up store na rúa Policarpo Sanz, 28, en Vigo, un espazo no que o rural se achega á cidade exhibindo as ideas máis competitivas que o fan sostible.