Dentro da estratexia empresarial, cada vez poténcianse máis as accións de carácter formativo, aínda que algunhas PEMES mesmo se resisten e pensan que estas actividades non son labor da empresa, senón do propio traballador. Dende RSE Xunta de Galicia queremos axudar a trocar esta concepción, xa que a formación continua axudará a obter mellores resultados e maior competitividade da túa empresa.
Ademáis a formación continua é unha boa forma de que as PEMES, con menos recursos que as grandes empresas, se involucren na dimensión interna de Responsabilidade Social Empresarial, axudando ó traballador a que continúe reciclándose. Este pode ser un primeiro paso importante para comezar a realizar accións de RSE dentro da nosa organización.
Os beneficios non se restrinxen ós coñecementos que adquire o traballador, senón que son múltiples:
- Axudará a motivar ó traballador, que estará máis satisfeito co seu traballo, sentirase valorado dentro da empresa e terá posibilidades de crecer na organización, desempeñar outras funcións e adquirir novas responsabilidades.
- Adaptarase mellor ós trocos no posto de traballo ou ás innovacións tecnolóxica
- Aumentará a productividade e eficiencia do produto o servizo
- Facilitarase a integración dos novos empregados
- Incrementarase a calidade
- Mellorará o clima laboral
- Proporcionará unha vantaxe competitiva
Para levar a cabo as accións formativas, podemos elaborar un plan de formación continua, de acordo coas necesidades da nosa empresa. Primeiro temos que determinar en qué área de coñecemento queremos mellorar, quén debe realizar as actividades e qué tipo de formación sería a máis axeitada para mellorar nese campo. Ante calquera dubida, a Fundación Tripartita para o Emprego ofrece asesoramento ás PEMES para que podan mellorar o seu acceso á formación.
A Consellería de Traballo e Benestar tamén está moi implicada na formación continua porque outorga subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos a persoas ocupadas. O obxectivo non é outro que as persoas traballadoras adquiran novos coñecementos e prácticas para mellorar as súas competencias profesionais.
O campo con máis accións formativas é o das novas tecnoloxías, que implica un continuo reciclaxe profesional. Cabe destacar que en calquera ámbito é importante o aprendizaxe, tamén en materia de RSE, onde as empresas aínda teñen moito por facer.
Dende o punto da Resposabilidade Social Empresarial, a formación é unha inversión en innovación e futuro, por iso debemos promover e incentivar ós traballadores a que realicen este tipo de actividades.
Lo último de
- Nuria Iglesias, Mobify "Buscamos reducir a pegada de carbono dos desprazamentos en vehículos privados "
- Sofía Godoy, Aboamigalla, “As certificacións son vitais, a proba do que dicimos é certo”
- Sofía Godoy, Aboamigalla, “As certificacións son vitais, a proba do que dicimos é certo”
- Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”
- Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”