Cando a nosa empresa aplica estratexias de responsabilidade social corporativa, debe ter en conta a actividade que realizan a favor da inclusión social.
Existen tres áreas nas que a exclusión social de determinados individuos queda marcada polo rexeitamento e a pobreza.
Que áreas son as que debemos traballar na RSE para favorecer a inclusión social?
O emprego
A precariedade laboral é un factor visible da exclusión social. Orixina o desemprego. Os gobernos enfróntanse a este feito con políticas que buscan dotar as empresas de axudas, subvencións, etc. para favorecer a contratación de certos colectivos desfavorecidos (mozos, mulleres, inmigrantes, discapacitados, etc.).
A Comisión Europea ditamina no Libro Verde que "as prácticas responsables e non discriminatorias de contratación poderían facilitar a integración de persoas que pertencen a minorías étnicas, traballadores de avanzada idade, etc."
O Consello Europeo de Niza trata o emprego responsable como unha ferramenta de loita contra a exclusión social. "Hai que favorecer uns mercados de traballo máis accesibles e fomentar a diversidade do emprego como factor produtivo e como factor para a integración social".
O empresariado pode exercer actividades responsables e realizar contratos responsables, remuneracións xustas, dar accesibilidade ás instalacións, contratar colectivos desfavorecidos ou adoptar políticas de igualdade.
A educación
Moitas situacións de exclusión social veñen dadas pola falta de educación dende pequenos. É un dereito e debe reforzarse a medida que medramos para mellorar as nosas oportunidades tanto laborais como para manternos en igualdade coa sociedade que evoluciona día tras día.
Atopámonos somerxidos nunha sociedade en constante transformación polo que debemos adaptarnos aos cambios xa que, pola contra, moitas persoas quedarán relegadas a un segundo plano, limitándose á hora de acceder a un emprego.
O empresariado responsable ten capacidade para actuar mediante bolsas de estudos para as persoas con menos recursos, pode realizar dotacións económicas a institucións dedicadas á formación, ampliar a oferta de prácticas ou realizar políticas educativas continuas para o cadro de persoal sen distinción de sexo, idade, etnia, etc.
O nivel de renda
Actualmente, moitos grupos sociais teñen un nivel de renda moi por debaixo da media, acadando en moitos casos, a pobreza límite. Isto dificulta a integración social e laboral.
As empresas socialmente responsables tamén asumen no ámbito económico un papel fundamental. Poden colaborar con institucións sen ánimo de lucro, enviar produtos da propia empresa a rexións máis necesitadas, dotar de axudas económicas a estudantes con poucos medios, realizar servizos de inclusión social mediante actividades na comunidade.
Dende a RSE Xunta de Galicia, queremos recordar a importancia de incluír na nosa sociedade a grupos excluídos como persoas discapacitadas, as que superasen algunha adicción, inmigrantes, etnias marxinadas, persoas maiores, etc. porque todos achegamos algo novo á sociedade.
Lo último de
- Nuria Iglesias, Mobify "Buscamos reducir a pegada de carbono dos desprazamentos en vehículos privados "
- Sofía Godoy, Aboamigalla, “As certificacións son vitais, a proba do que dicimos é certo”
- Sofía Godoy, Aboamigalla, “As certificacións son vitais, a proba do que dicimos é certo”
- Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”
- Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”