A consideración, por parte dalgúns sectores, da maternidade como un impedimento para a inserción laboral, a segregación vertical e horizontal no mundo do traballo, as persistentes desigualdades salariais entre mulleres e homes, ou a forma en que se ten producido a incorporación masiva das mulleres no mercado de traballo sen ter abandonado o rol tradicional de atención ao doméstico e aos coidados, constitúen algunhas das características da posición das mulleres no mundo do emprego.
Estas características abren o camiño á vulnerabilidade e á discriminación que convirte ás mulleres en vítimas por excelencia das condutas de acoso sexual e acoso no ámbito laboral.
Este é o motivo polo cal na RSE Xunta de Galicia, e grazas á Consellería de Traballo e Benestar, facilitamos o instrumento legal que se concibe como apropiado para desactivar esta realidade e en definitiva para a consecución da igualdade de xénero, en especial no ámbito do emprego: a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.
A Guía para a elaboración de Plans de Igualdade nas Empresas é unha ferramenta de apoio ás empresas de Galicia co obxectivo de favorecer a consolidación dunha sociedade democrática, xusta e solidaria.
Que é un Plan de Igualdade para a empresa?
Segundo a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia defínese como
“un conxunto de medidas que comprenden a fijación de obxectivos concretos, a elaboración dun código de boas prácticas na organización do traballo, o establecemento de sistemas de control sobre o cumprimento e a transparencia da súa implantación”.
Como se elabora un Plan de Igualdade empresarial?
- Preparatoria. Compromiso e intencións. Supón o abordaxe do proceso de toma de decisións no interior da empresa para formalizar e establecer o compromiso da mesma coa igualdade e que se plasmará e levará á práctica a través do establecemento do Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
- Diagnóstica e propositiva, na que se recompilará e analizará a información necesaria para obter unha fotografía da situación da igualdade na empresa, así como os principais déficits e necesidades a abordar de cara á súa consecución total e efectiva. A partir dos seus resultados definirase o documento específico do plan, que concretará os obxectivos e medidas a implementar para logralos.
- Posta en marcha, execución, seguimento e avaliación. Nela definiranse as condicións necesarias para a implementación das medidas establecidas e abordarase o desenvolvemento das mesmas, así como o sistema de seguimento e avaliación que se levará a cabo para asegurar a transparencia na dita implementación e medir os resultados logrados na igualdade.
Que resultados se obteñen coa implantación dun Plan de igualdade?
En primeiro lugar, implica a adopción dun compromiso, responsabilidade e esforzo en modificar a xestión dos axentes implicados: dentro e fora da empresa.
Os resultados notaranse en 4 áreas:
- A situación das mulleres na empresa, aumentando a súa presencia naqueles sectores, ocupacións ou postos nos que estean subrepresentadas; equiparando as súas condicións de acceso, mantemento e promoción nos seus empregos; incorporando servizos ou medidas específicas para a descarga de responsabilidades domésticas ou familiares; garantindo a súa participación nos espazos de toma de decisións,etc.
- A situación da igualdade e as relacións entre homes e mulleres, equiparando a ambos en canto á súa consideración, representación, expectativas de éxito e obtención de beneficios na empresa; xerando contornas igualitarias libres de discriminacións e acoso; xerando unha dinámica de relacións respectuosa e equitativa… en definitiva, eliminando as discriminacións e xerando dinámicas de traballo favorables á igualdade real.
- Os resultados e a cultura empresarial, aumentando a coherencia cos criterios de boa gobernanza e de xustiza social; a identificación e fidelización do persoal ao redor da política empresarial; coñecendo e optimizando todos os recursos humanos e as súas potencialidades; avanzando no proceso de modernización empresarial: orientación cara aos resultados; anticipación a novos métodos de xestión; ampliación das posibilidades de colaboración con entidades públicas e con outras entidades igualitarias, extensión do prestixio e mellora da imaxe interna e externa da empresa; etc.
- No contexto social; a través da promoción e difusión de valores igualitarios que sirvan para sensibilizar a outras entidades e á propia cidadanía, así como da posta en marcha de actuacións de responsabilidade social que contribúan a xerar cambios sociais neste sentido.
Ante estas melloras no entorno empresarial e social, credes que é boa idea implantar un destes Plans de Igualdade na vosa organización?
Lo último de
- Nuria Iglesias, Mobify "Buscamos reducir a pegada de carbono dos desprazamentos en vehículos privados "
- Sofía Godoy, Aboamigalla, “As certificacións son vitais, a proba do que dicimos é certo”
- Sofía Godoy, Aboamigalla, “As certificacións son vitais, a proba do que dicimos é certo”
- Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”
- Paula Patiño, Acastrexa “Lograr a certificación en Galicia outórganos recoñecemento a nivel autonómico e fortalécenos para mellorar”