RSE na xestión interna dos RRHH

Imprimir Email
(0 votos)

A xestión dunha empresa responsable cos seus empregados fomenta un entorno máis beneficioso para a productividade. 

Os negocios non se sustentan por si mesmos. Non se crean cun mecanismo automático que responde ás necesidades dun mercado en continuo movemento. Non.

As empresas precisan de persoas. Elas son o corazón, as mans e a cabeza que impulsan as ideas e executan o traballo que máis tarde dará os seus froitos.

As institucións, os organismos oficiais como a Xunta de Galicia e as empresas de calquera índole temos un compromiso e a responsabilidade de afrontar día a día o coidado do ben máis prezado que posuímos: as persoas.

Na última década, as actividades enfocadas aos traballadores aumentaron notablemente: cursos de formación subvencionados/gratuítos, conciliación laboral, promoción, actividades conxuntas, etc. Pero se debe seguir procurando unha estratexia estable que permaneza no tempo, que incentive aos traballadores polo seu labor.

Estas son as propostas que atopamos na Xunta de Galicia para implantar ferramentas adecuadas ás empresas e incrementar o seu rendemento a través da integración do empregado:

1) Condicións de traballo dignas

O primeiro que debe potenciar unha empresa é o respecto polos dereitos humanos, neste caso concreto, pola persoa traballadora. Débese descartar o abuso dos mandos superiores e propagar unha conciencia práctica dos valores éticos da empresa: pagamento de salarios, habilitar un espazo de traballo adecuado, facilitar o desenvolvemento profesional, etc.

2) Legalidade

As entidades públicas e os organismos privados somos socialmente responsables cando acatamos as normas e os contratos asinados cos nosos traballadores.

A lexitimidade social é a que respecta os costumes das persoas traballadoras e os integra no seu contorno.

3) Retribucións equitativas e desenvolvemento persoal

Os salarios dos traballadores deben ser equitativos segundo o valor engadido que proporcionan á empresa e temos que cumprir cos horarios pactados, proporcionar os medios para que a persoa acade a estabilidade laboral e fomentar a formación continua dentro da empresa.

4) Conciliación e calidade de vida

Debemos ofrecer condicións lóxicas de traballo que permitan compaxinar a vida laboral e persoal dos nosos traballadores. Se podemos ir máis lonxe das compensacións horarias, innovaremos con servizos de gardaría ou facilidade nos cambios de quenda.

5) Comunicación

Sen comunicación co persoal da empresa a produtividade está en risco. É esencial que se lles faga partícipes do que ocorre no seu traballo. Deste xeito, integramos ao cadro de persoal na nos 'familia' laboral, forman parte da empresa, dun grupo, e créanse vínculos arraigados no sentimento de pertenza.

6) Os beneficios económicos

Son un dos factores que máis moven a un traballador/a a implicarse no seu labor. Que podemos ofrecerlle concretamente aos nosos empregados? Deixámosvos un pequeno listado de ideas:

  • Axudas e incentivos á formación propia ou dos fillos (bolsas, horas de estudo en horario laboral)

  • Anticipos salariais ou préstamos.

  • Axudas en plans de pensións ou pola vivenda (sobre todo se se trata de mobilidade xeográfica)

  • Ofrecendo vales comida.

  • Facilitando abonos transporte ou compensacións por desprazamentos.

Estas son algunhas das actividades que como empresas podemos promover e temos a responsabilidade de executar.

Recordemos que o benestar non é unha idea senón unha realidade efectiva para realizar os nosos propósitos. A colaboración mutua entre as persoas (empregados ou altos directivos) sempre vai dar como resultado unha mellora na produtividade.


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel casino siteleri sex sohbetleri casino siteleri