Este venres a Consellería de Emprego e Igualdade ofrece a quinta webinar que permite achegar a Responsabilidade Social Empresarial a todo o público. Un programa no que fai un percorrido por todos os aspectos de interese para a sociedade nos que se aplican os principios da RSE.
O ciclo "O papel estratéxico da RSE en tempos de Covid", organizado conxuntamente GEMCAT RSE Xeración de Emprego de Calidade Transfronteiriza, comezou en decembro e xa leva desenvolvidos catro encontros con representantes de empresas galegas que deron a coñecer a súa visión de como aplicar os recursos da responsabilidade en beneficio da empresa, traballadores e sociedade en xeral.
Uns encontros nos que a directora xeral de Relacións Laborais da Consellería, Elena Mancha, foi a responsable de dar a benvida aos relatores. Asemade en todas estas webinars os asistentes desenvolven exercicios participativos para aplicar os puntos correspondentes da RSE en relación ao encontro.
Continuando con esta dinámica este venres a directora xeral de Relacións Laborais presentará os principios de sustentabilidade e dará a benvida a varios convidados entre os que esta Marina Gutiérrez, fundadora e responsable da empresa de cosmética natural MAAR.
Aínda podes realizar a túa inscrición nestes encontros aquí.
WEBINAR |
DATA /HORA |
Sustentabilidade para principiantes. Conceptos xerais da RSE. Boas prácticas e ferramentas: Un resumo dos principais conceptos, ferramentas e tendencias en sustentabilidade. Ideas claras para aumentar o impacto social, ambiental e económico da túa empresa. |
Venres, 05 de febreiro 10:00h-12:00h |
O círculo virtuoso: sustentabilidade e innovación: Os exemplos máis inspiradores e os modelos más disruptivos de como a innovación fai viable a sustentabilidade e como a sustentabilidade empurra á innovación. |
Venres, 12 de febreiro 10:00h-12:00h |
Economía circular: un cambio de paradigma para a nova normalidade: Unha nova visión sobre como camiñar cara o desenvolvemento , para re- inventar o noso futuro. A folla de ruta da Comisión Europea para a transición a unha industria baixa en carbono a través de exemplos, ferramentas e metodoloxías específicas. |
Mércores, 17 de febreiro 16:30h-18:30h |
Solucións dixitais a retos sustentables: As tecnoloxías da industria 4.0 e outras solución dixitais expoñen novos camiños para resolver os grandes retos da sustentabilidade. Un percorrido a través de casos de referencia e mellores prácticas para una economía climáticamente neutra, circular e resiliente. |
Mércores, 24 de febreiro 16:30h-18:30h |