O Ministerio de Emprego lanza o Portal da Responsabilidade Social 

O Ministerio de Emprego lanza o Portal da Responsabilidade Social 

Imprimir Email
(0 votos)
  • Nel recóllense as accións de RSE das Comunidades Autónomas.

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social acaba de lanzar o Portal da Responsabilidade Social. Esta nova web conta cunha sección onde se recolle o enfoque e accións a prol da RSE que levan a cabo as diversas comunidades autónomas, como é o caso de Galicia. 

O portal conta cun botón destacado para enviar as memorias de RSE así como para a súa consulta. Conta con máis de 200 memorias e, ata o de agora, as empresas galegas que as fixeron públicas por esta vía foron Metal Ferrol, Ambical Proyectos e Autoridade Portuaria da Coruña, todas elas recoñecidas nos primeiros Premios RSE Galicia. A ministra de Emprego destacou que tanto a web como a ferramenta de publicación de memorias "reforzan o papel de liderado que España vén marcando a nivel internacional en materia de responsabilidade social".

Outros apartados destacados na web son a Estratexia Española de RSE, as axudas e subvencións neste eido e a Estratexia de Emprendemento e Emprego Xuvenil.  Ademais, os usuarios poden acceder a outros contidos interesantes na materia de RSE.

A web pode consultarse no seguinte enlace.