A terceira edición do programa Responsabilízate concluíu con resultados excepcionais

A terceira edición do programa Responsabilízate concluíu con resultados excepcionais

Imprimir Email
(0 votos)

 

O pasado mes de agosto concluíu a fase final da terceira edición de RESPONSABILÍZATE, un programa de asesoramento totalmente gratuíto impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para apoiar ás pemes e microempresas do tecido empresarial galego na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles.

Este pioneiro programa, cuxa cuarta edición xa está en marcha, busca equipar ao tecido empresarial galego con ferramentas para responder á crecente demanda de sostibilidade empresarial por parte de clientes e consumidores, así como ao inminente tren regulatorio europeo que está a aumentar a presión sobre as empresas para que aderecen os seus modelos de negocio cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A través deste programa, as entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas ambientais, sociais e de boa gobernanza (ASG) adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.

As empresas que completaron todas as fases do programa recibirán o Selo Responsabilízate, recoñecemento oficial concedido pola Xunta para poñer en valor o impulso que as microempresas e pemes galegas están a darlle á implantación dos valores ASG. As empresas posuidoras deste selo distínguense como axentes creadores de valor compartido e sitúanse como as primeiras en avanzar cara a un novo concepto de peme e microempresa sostible, responsable, comprometida cos valores ASG e adiantada ás tendencias normativas. Como resultado dá terceira edición, 200 organizacións completaron o programa e cumpriron os requisitos para recibir o Selo Responsabilízate.

Aquí tes un resumo dos datos máis destacables da terceira edición:

Horas de asesoramento personalizado à máis de 5.500

Iniciativas ASG postas en marcha à máis de 400

  • Políticas de sostibilidade formalizadas à 41
  • Códigos éticos e de conducta elaborados à 59
  • Pegadas de carbono medidas à 48
  • Plans de redución de emisións concretados à 12
  • Políticas de compra sostible elaboradas à 12

Tamaño de empresas participantes por número de traballadores:

  • Menos de 10 à 88
  • Entre 11 e 49 à 66
  • Máis de 50 à 46

Distribución de empresas participantes por provincia:

  • A Coruña à 89
  • Lugo à 18
  • Ourense à 17
  • Pontevedra à 76

Queres que a túa empresa forme parte da cuarta edición do programa RESPONSABILÍZATE? Solicita praza antes de que se esgoten.

Máis información e inscrición a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B