A Xunta de Galicia impulsa as respostas aos grandes retos ASG a través da Estratexia Galega de RSE 2023-2025

A Xunta de Galicia impulsa as respostas aos grandes retos ASG a través da Estratexia Galega de RSE 2023-2025

Imprimir Email
(0 votos)

Co fin de seguir avanzando na resposta aos retos urxentes aos que nos enfrontamos as sociedades e as organizacións a nivel global e local, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia Galega de Responsabilidade Social Empresarial 2023-2025, dirixida a servir como catalizador e guía ao servizo de todos os axentes públicos e privados que queiran sumar forzas neste obxectivo, co apoio do Goberno e a Administración de Galicia.

O novo marco de actuación plásmase no documento dispoñible aquí e nel establécense 25 accións ao redor de tres eixos: empresa, sociedade de futuro e administración pública. O obxectivo é desenvolver estas accións no prazo 2023-2025 coa intención de que as empresas, os autónomos e toda a sociedade galega no seu conxunto cheguen a 2025 en disposición de asumir os retos dunha economía sostible e dixitalizada, como base para mellorar a calidade de vida, a competitividade e o futuro do noso territorio. 

As 25 accións detalladas na nova Estratexia artéllanse nos seguintes eixos e aspectos:

 

Eixo empresa

  1. Apoio directo e asesoría para implantación de RSE
  2. Alianzas sectoriais en materia de sustentabilidade
  3. Innovación e dixitalización
  4. Acceso a financiamento
  5. Transparencia e información sobre sustentabilidade
  6. Implantación de ferramentas para a mellora da gobernanza
  7. Relacións laborais modernas baseadas en RSE
  8. Igualdade na empresa
  9. Conciliación, teletraballo e desconexión dixital
  10. Seguridade e saúde laboral e hábitos saudables
  11. Proxectos de impacto social e ambiental
  12. Menor impacto no uso de recursos
  13. Medición e redución da pegada de carbono
  14. Colaboración con ONG ’s con impacto social e ambiental

 

Eixo sociedade

  1. Sensibilización e integración laboral de estudantes de RSE e dixitalización
  2. Formación en sustentabilidade, dixitalización e soft skills
  3. Consumo responsable de produtos con atributos de RSE
  4. Hábitos de consumo e vida sustentable
  5. Rede galega de RSE
  6. Premios RSE
  7. Creación dun Selo de Galicia Responsable
  8. Divulgación de contidos sobre RSE e boas prácticas

 

Eixo administración

  1. Integrar os ODS e as boas prácticas na administración
  2. Formación e sensibilización ao persoal da administración
  3. Compra Pública Responsable e Compra Pública Innovadora