Responsabilízate organiza catro webinars sectoriais para axudar ás empresas no camiño da sustentabilidade e da RSE

Responsabilízate organiza catro webinars sectoriais para axudar ás empresas no camiño da sustentabilidade e da RSE

Imprimir Email
(0 votos)

O programa Responsabilízate da Xunta de Galicia organiza ao longo deste mes de marzo un ciclo de webinars sectoriais para seguir axudando ás pequenas e medianas empresas galegas no cumprimento das súas obrigas ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) e no desenvolvemento da RSE (Responsabilidade Social Empresarial).

O primeiro webinar comeza o xoves 16 ás 11:00 horas e diríxese ao sector do mar e da industria alimentaria, para o que contará coa colaboración de ANFACO-CECOPESCA.

Baixo o título “Retos ASG para o sector Mar – Industria Alimentaria”, na actividade intervirán o secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA, Roberto C. Alonso Baptista de Sousa, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, así como a directora de sustentabilidade de Jealsa, Ángeles Claro, e o xerente en Valora e coordinador do programa Responsabilízate, Daniel Domínguez.

Para participar neste evento en liña cómpre rexistrarse nesta ligazón.

En datas sucesivas terán lugar outros tres webinars que abordarán os seguintes ámbitos de actividade: 

21 marzo – sector construción, en colaboración coa Federación Gallega de la Construción. Para participar neste evento en liña cómpre rexistrarse nesta ligazón.

 

23 marzo - sector turismo, en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia. Para participar neste evento en liña cómpre rexistrarse nesta ligazón.

 

31 marzo - sector TIC, en colaboración co Clúster TIC Galicia. Para participar neste evento en liña cómpre rexistrarse nesta ligazón.