O Programa Responsabilízate prosegue a súa rolda de presentacións en diversos puntos de Galicia para impulsar a RSE nas empresas e a incorporación dos criterios ASG (ambientais, sociais e de goberno corporativo) como ferramentas de competitividade no tecido empresarial galego.
O primeiro Encontro Responsabilízate do ano 2023 terá lugar o 19 de xaneiro na cidade de Vigo de 12:00 a 14:00 horas na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra -Avenida de García Barbón 104-, mentres que o 2 de febreiro celebrarase co mesmo horario na Confederación de Empresarios de Lugo, nas súas instalacións centrais da Praza de Santo Domingo 6-8, na cidade lucense.
Nas vindeiras semanas daranse a coñecer os programas de cada unha destas xornadas, nas que xa é posible formalizar as inscricións a través das seguintes ligazóns:
Pontevedra: https://forms.office.com/e/wggZNHNhP7
Lugo: https://forms.office.com/e/YJaJ0sWkgW
O Programa Responsabilízate asesora gratuitamente ás pemes para acompañalas na súa necesaria adaptación ás obrigas da regulación ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Vai dirixido ás pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
Os servizos inclúen un diagnóstico da situación actual da empresa no marco ASG, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de expertos, así como o desenvolvemento dunha folla de ruta para a súa implementación, na que contará co apoio do equipo de consultores do proxecto.
As inscricións ao programa están abertas e pódense facer a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta ligazón https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR320B&ano=2021&numpub=1