ESTAMOS PREPARADOS PARA O NOVO ESCENARIO?
RETOS ASG DE GRANDES E PEQUENAS EMPRESAS
O próximo día 13 de decembro ás 12 horas, na Confederación de Empresarios de La Coruña dará comezo a xornada na que se presentará o Programa Responsabilízate e abordaremos os Retos ASG que enfrontan grandes e pequenas empresas.
Participarán no acto Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios de La Coruña; a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha; Daniel Domínguez, xerente en Valora e responsable do programa, e representantes de grandes empresas e pemes participantes no programa.
A primeira exposición, duns exemplos de boas prácticas, será levada a cabo por Begoña Llamosas, responsable de cumprimento normativo e RSE de Eleko, e Fátima Carmena, directora da axencia Nasas. Ambas empresas son participantes no programa Responsabilízate. A segunda exposición, dun caso de éxito dunha gran empresa, será exposto por María Sande, xefa de comunicación Noroeste Iberia de Coca-Cola Europacific Partners.
Podes formalizar a túa inscrición na seguinte ligazón: https://forms.office.com/r/Xj4pDAVYM9
Esta xornada celébrase no marco de Responsabilízate, un programa de asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes na súa necesaria adaptación ás obrigas da regulación ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Vai dirixido ao tecido empresarial galego a través das súas pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
Os servizos do programa inclúen un diagnóstico da situación actual da empresa no marco ASG, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de expertos, así como o desenvolvemento dunha folla de ruta para a súa implementación, na que contará co apoio do equipo de consultores do proxecto. As inscricións ao programa están abertas pódense facer a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta ligazón.