Máis de 100 pemes xa participan no programa Responsabilízate da Xunta de Galicia destinado a impulsar a competitividade do tecido empresarial galego

Máis de 100 pemes xa participan no programa Responsabilízate da Xunta de Galicia destinado a impulsar a competitividade do tecido empresarial galego

Imprimir Email
(0 votos)

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade volve a poñer a disposición das empresas galegas un servizo de asesoramento personalizado e gratuíto en materia de sostibilidade ambiental, social e de bo goberno.

Responsabilízate é un programa de asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes na súa necesaria adaptación ás obrigacións da regulación ASG (ambiental, social e de bo goberno) e na Transición Sostible e no desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Poderán beneficiarse deste programa as pequenas e medianas empresas galegas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.

Actualmente o equipo de Valora Consultores, responsable do desenvolvemento do proxecto, xa se encontra traballando coas empresas inscritas no programa na denominada fase de diagnóstico. Esta primeira fase ten como obxectivo detectar os puntos fortes e as áreas de mellora das empresas en materia de sostenibilidade así como coñecer os seus modelos de negocio de cara a poder aliñalos cos criterios ASG.

A partir do cuarto trimestre deste ano as empresas incritas xa poderán acceder o programa formativo de 20 horas a través do cal poderán adquirir coñecementos prácticos e aplicables os seus negocios sobre cuestións de máxima actualidade como son a economía circular, as finanzas sostibles, a igualdade, a loita contra o cambio climático ou a transición a unha economía baixa en carbono. Dentro desta formación incluése tamén unha parte de asesoramento personalizado para cada unha das empresas de 5 horas de duración.

As empresas que estén interesadas en participar aínda poden facelo xa que a inscripción permarecerá aberta ata completar o número de prazas máximo. Esta incrición realízase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta ligazón. Se precisa de máis información pode poñerse en contacto coa oficina técnica do programa no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 674 241 281.

A través desta iniciativa, a Xunta de Galicia reforza o seu compromiso no apoio ao tecido empresarial, impulsando a súa competitividade nun contexto de transformación no que prácticas como a xestión responsable das persoas, a adaptación a unha economía baixa en carbono, ou o desenvolvemento de conductas éticas na cadea de subministración, son claves para o posicionamiento das empresas.