A Xunta abre por quinta vez a convocatoria para a solicitude do Bono das Persoas Autónomas

A Xunta abre por quinta vez a convocatoria para a solicitude do Bono das Persoas Autónomas

Imprimir Email
(0 votos)

O traballo autónomo contribúe de xeito esencial á xeración de riqueza e emprego e a consolidación do emprendemento é un dos factores que permiten a existencia de estruturas permanentes de emprego de calidade. Por iso, toda persoa que desexe poñer en marcha o seu proxecto empresarial debe ser apoiada pola Administración, non só nos seus inicios, e máis neste contexto de crise provocada pola pandemia.

Na nosa comunidade, a Xunta de Galicia inclúe dentro da Axenda 2020 para o Emprego a Estratexia do emprego autónomo 2017-2020, que recoñece a necesidade de prestar unha especial atención ás persoas traballadoras autónomas e, en concreto, axudas a cimentar a consolidación de proxectos que xa superaron os tres primeiros anos de vida.

Por iso mesmo, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas, unha axuda que poderá solicitarse desde mañá e ata o 12 de agosto a través da sede electrónica da Xunta de Galicia

Liñas e persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse desta subvención as persoas traballadoras autónomas e as sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que cumpran os requisitos establecidos no artigo 6 da citada orde.

Ademais, a convocatoria de 2021 inclúe dúas liñas de actuación:

  • Liña 1: mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: investigación de mercado, plan de márketing, plan de comunicación do negocio, plan estratéxico do negocio, plan de crecemento: constitución da sociedade, plan de reorientación do negocio, plan de transformación dixital, plan de refinanciamento. Tamén se poderán subvencionar outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.
  • Liña 2: mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, compra de útiles e ferramentas, reforma do local do negocio, equipamentos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web, creación do logotipo do negocio, mobiliario.

Estas dúas liñas non son excluíntes entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran, que están definidos no artigo 7 da orde. No caso de solicitar axudas da liña 1 e da liña 2, atenderase en primeiro lugar á liña 1 e despois á liña 2, co límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.