A empresa coruñesa Epoltech, distribuidor de aditivos para a industria plástico-química, con máis de 15 anos de experiencia no sector da industria deron un paso máis na súa política de Responsabilidade Social Empresarial. Nos últimos meses repartiron de forma gratuíta e desinteresada as primeiras 10.000 máscaras que nestes momentos son de uso obrigatorio para combater a situación de crise sanitaria derivada da covid19. Esta é a primeira partida que sacaron desde as súas instalacións na Granxa (Culleredo, A Coruña), e a que unirá outras previstas co obxectivo de axudar aos que máis o precisan.
Hoxe falamos con Juan Diego Lavandera, socio fundador da empresa e responsable da área Industrial e comunicación do grupo.
- ¿De onde xurde esta iniciativa de axuda?
Pois xurde de xeito natural, tanto a miña compañeira Pamela Cañón e eu temos vínculos con organizacións sen ánimo de lucro e intentamos axudar dentro das nosas posibilidades. - ¿Para que esta pensada esta acción de RSE?
O 100% das nosas doazóns van dirixidas a familias-persoas desfavorecidas e para os que loitan por manter o benestar de todos nos. Neste caso o criterio é que os destinatarios sexan aquelas persoas receptoras da Renda de Inclusión Social ou os usuarios do Banco de Alimentos e o albergue Covadonga e que sexan considerados receptores por parte dos responsables destas entidades. - ¿Cal foi o criterio para decidir que fora esta axuda e para este colectivo?
Cando saes a rúa, escoita a xente, ves as noticias dáste conta de que un pequeno xesto fai que todos axudemos a parar os gromos. Moitas familias o están pasando momentos complexos e non podemos esquecer que o uso responsable de material hixiénico sanitario ten unha repercusión nas nosas economías e non todas a familias están disposición de afrontalo. - Para realizar o reparto ao colectivo establecido contaron coa colaboración de distintas entidades, ¿cales e de que xeito?
A nosa primeira idea é axudar ao noso entorno e área de influencia. Así que contactamos cos concellos de Culleredo, Cambre, Oleiros, Pontedeume e a Deputación da Coruña. Ademais desde a empresa queremos destacar o traballo sen descanso realizado no banco de alimentos e o albergue Covadonga de Xixón co que temos un contacto próximo xa que os fundadores da empresas somos orixinarios da cidade asturiana. Asemade queremos agradecer a atención, colaboración e esforzo desenvolvido por Valentín González Formoso, Óscar García Patiño, Raquel Caruncho, Belén Taboada, Ana Oteruelo, Miguel Fernández Rodríguez e Cristina Avella.
- ¿A iniciativa continuará?
Si, por suposto; con todas as administracións e entidades temos falado de subministración mensual segundo as súas necesidades mentres dure a pandemia. Ademais as nosas reparticións están incluídas tanto as máscaras de adultos como as de cativos, para chegar a toda a poboación.
- Desde Epolthec traballan con máis materiais destinados á protección sanitaria actualmente obrigatoria, ¿Colaboran con máis produtos?
Actualmente doamos o que fabricamos nos e sobre o que temos control. É difícil pedir a terceiros un esforzo conxunto, as empresas e autónomos estamos pasando por momento moi complexos.
- Entre as accións de Responsabilidade Social de Epoltech esta é a última dunha serie de actividades, ¿cales son as outras iniciativas que destacaría?
Intentamos ter unha clara vocación á familia polo que favorecemos a conciliación familiar dentro da nosa empresa, e dentro da nosa política de recursos humanos tratamos de favorecer aos colectivos con máis dificultades para a súa inserción laboral. -¿Teñen en mente outra iniciativa sobre Responsabilidade Social Empresarial para aplicar tanto dentro como fora da empresa?
Continuaremos fortalecendo as actuais políticas e estamos abertos a implementar iniciativas que fagan da nosa empresa un lugar mellor para traballadores e sociedade.