A Xunta colabora no ciclo de webinars sobre Responsabilidade Social Empresarial dirixido a pemes transfronteirizas

A Xunta colabora no ciclo de webinars sobre Responsabilidade Social Empresarial dirixido a pemes transfronteirizas Destacado

Imprimir Email
(0 votos)

Representantes da dirección xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade participasen nos encontros ao redor de "O papel estratéxico da RSE en tempos de covid 19". Unhas webinars postas en marcha por RSE Innolab Galega e o proxecto GEMCAT “Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo” para asesorar sobre Responsabilidade Social Empresarial, dirixido a pemes transfronteirizas que, co fin de facer fronte á crise sanitaria e actual, buscan transformar a xestión do seu modelo de negocio e readecuar as formas de traballo, outorgándolle maior protagonismo á sustentabilidade e responsabilidade social.

O programa de asesoramento está formado por 8 webinars, onde as empresas participantes poderán coñecer as principais vantaxes da RSE á hora de reorientar o seu modelo de negocio en tempos de COVID-19. Os webinars, que terán unha duración de dúas horas e unha periodicidade semanal, será impartidos a través da ferramenta de videoconferencia Zoom, e estarán abertos a calquera persoa que se inscriba.

O primeiro encontro desenvolverase o venres 18 de decembro e contará coa presenza da directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Elena Mancha. A webinar " RSE para escépticos: como crear vantaxes competitivas a través unha estratexia de sustentabilidade diferenciadora".

Obxectivos

O obxectivo do ciclo é informar as empresas sobre como os cambios globais que están a acontecer poden afectar os seus modelos de negocio e como acertar na elección de accións no contexto actual, facendo especial fincapé nos catro piares dunha empresa: os empregados, os clientes, a imaxe e a competencia.

Os webinars terán unha orientación práctica, mostrando casos de éxito reais e adaptándose ás necesidades e intereses concretos dos participantes. Fomentarase a participación e o debate mediante a creación dun foro que recolla as consultas dos participantes. Este foro tamén permitirá identificar oportunidades de colaboración entre os rexistrados, así como o desenvolvemento da capacidade de resolución de problemas dos participantes.

Cada sesión será presentada por un representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais, impulsora do proxecto GEMCAT, o cal está confinanciado polo Programa de Cooperación INTERREG V A España-Portugal (POCTEP). Para dotar ao programa de personalización, habilitarase un servizo de titorías en liña con expertos para aquelas persoas que o soliciten.

Mediante estas titorías analizarase o potencial en materia de RSE de cada empresa se lles e asesorará nas primeiras accións que deben poñer en marcha para desenvolver a súa estratexia e implementar a RSE.

Podes inscribirche ao ciclo e acceder á programación dos webinars nesta páxina.