As unidades formativas para persoas ocupadas e impulsadas pola Administración adáptánse a nova situación

As unidades formativas para persoas ocupadas e impulsadas pola Administración adáptánse a nova situación Destacado

Imprimir Email
(0 votos)

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar unha actualización sobre o programa de unidades formativas para persoas ocupadas impulsadas pola Xunta de Galicia. A actual situación socio-sanitaria fixo que se desenvolverán unha serie de cambios para garantir o correcto funcionamento destas unidades. Modificacións relativas á formación presencial, a teleformación e a modalidade mixta das persoas traballadoras, e que están destinadas a autónomos e emperesas de economía social. Entre as principais novidades, a Xunta decidiu ampliar os prazos de execución das accións, así como incluír a traballadores autónomos e empresas de economía social como entidades beneficiarias, regular a formación non presencial ou mixta e mesmo ampliar o concepto de sectores estratéxicos aos que se dirixe o programa a aquelas actividades especialmente afectadas pola pandemia. Tal e como recolle o DOG, trátase de introducir criterios de flexibilidade na execución tanto das accións formativas xa iniciadas e interrompidas temporalmente pola covid-19 como das que aínda non comezaran. As modificacións focalízanse na ampliación dos sectores que se poden beneficiar dos apoios e tamén do público ao que se pode dirixir a actividade formativa. Entre outras medidas preténdese regular o aforo das instalacións habilitadas e a posibilidade de establecer quendas ou límites horarios ou a reprogramación de determinadas formacións. Ademais flexibilízase a obriga á que as entidades que imparten a formación están vencelladas para manter o emprego durante un período mínimo dun ano. Agora non computará, de ser o caso, o tempo no que as persoas participantes, traballadoras por conta allea, estivesen afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) pola situación provocada pola covid-19.   A introdución das medidas permitirá que as actividades formativas vencelladas ás necesidades da industria poidan ampliar os prazos inicialmente previstos facilitando o aumento da empregabilidade e a productividade das persoas traballadoras dos sectores estratéxicos de Galicia. Así, por exemplo, agrándase o prazo de execución tres meses máis para as accións formativas financiadas na primeira convocatoria e que continúen despois do 13 de marzo, teñan comezado, ou teñan previsto facelo, despois desta data. Permitirase, así mesmo, a reprogramación das actividades formativas co obxecto de que as entidades beneficiarias non se vexan na obriga de renunciar ás mesmas, co conseguinte prexuízo para as persoas que participan nas accións de cualificación.

Consulta as novidades aquí.