En pleno confinamento derivado da crise sanitaria da Covid19 o departamento de Rehabilitación do grupo Povisa desenvolvo un proxecto en liña para que ningún dos seus pacientes ou persoas con limitacións de mobilidade quedasen atrás. O peche de instalacións inclúo os espazos dedicados á rehabilitación e o confinamento limito por completo as opcións. Así que desenvolveron un proxecto para emitir vídeos titoriais a través de Youtube, que foron seguidos por miles de persoas.
Sobre o xurdimento da iniciativa, o desenvolvemento da mesma e os beneficios obtidos ha contestado o responsable do departamento impulsor da mesma : Miguel Ángel López, xefe do servizo de Rehabilitación.
De onde xorde a iniciativa?
A iniciativa xorde no momento no que a pandemia nos obriga a pechar o noso ximnasio de Rehabilitación e a deixar de asistir a uns 500 pacientes que acudían a recibir o seu tratamento por parte dos nosos fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais e logopedas. Entendiamos que debiamos focalizar a nosa atención a un grupo novo de pacientes, que presentaban unha enfermidade descoñecida provocada polo COVID-19, con gran repercusión na función pulmonar e en moitos casos con deterioración muscular e neurolóxica importantes, deseñando procedementos e incorporando aos nosos terapeutas aos equipos COVID de UCI e hospitalización. Pero non queriamos deixar nun segundo plano e abandonar a todos os nosos pacientes, con discapacidade de diversa índole, que acudían regularmente a Rehabilitación para recuperar a función dun membro ou a súa autonomía persoal tras un ictus, unha fractura, unha cirurxía ou outra enfermidade. De facelo, poderiamos condicionar unha situación de discapacidade irreversible en moitos deles.
Qué aspectos desexaban potenciar co desenvolvemento deste programa?
Buscabamos alternativas rápidas para dar continuidade á Rehabilitación que estaban a realizar os pacientes. Todo o equipo de Rehabilitación reunímonos e acordamos en desenvolver vídeos que puidesen utilizar os nosos médicos e terapeutas como ferramenta para prescribir exercicios aos pacientes nos seus domicilios. Entendiamos que as táboas en papel moitas veces son difíciles de interpretar e propuxémonos cambialas polos vídeos. Tentamos abarcar as patoloxías máis prevalecentes no noso ximnasio para ter unha cobertura o máis ampla posible. A través da teleasistencia e este novo recurso, puidemos alcanzar grandes progresos na distancia.
Qué lles achegou o programa?
O primeiro que nos achegou é unha satisfacción enorme ao comprobar a implicación e o compromiso cos nosos pacientes de todo o equipo. Segundo, o poder avanzar nos programas de Rehabilitación mentres permaneciamos confinados, aínda que fose de maneira parcial nalgúns casos. Terceiro, unha visibilidade inesperada do que facemos e un recoñecemento ao noso labor non só por parte do noso hospital e compañeiros, senón doutros moitos lugares do planeta onde os vídeos eran visualizados a través de Youtube ou redes sociais, con centos de comentarios de agradecemento de moitas persoas que se vían desatendidas polos seus hospitais e centros de saúde. Qué aprenderon?
A buscar alternativas diferentes ás convencionais. A telemedicina púxose marcha como medida extraordinaria, e quedará connosco para sempre. Melloramos na gravación e edición de vídeos tamén.
Qué resultados positivos están a observarse?
Propuxémonos gravar unha gran cantidade de vídeos nun curto prazo de tempo. Tratábase dunha solución mentres non puidésemos reabrir os ximnasios e presionámonos para facer guións, gravar e editar case todos os días durante dous meses e medio. Creo que gravamos ao redor de 90 vídeos. Foi un traballo moi intenso, de moitas horas, pero do que sentimos moi orgullosos. Non só melloran os nosos pacientes senón que os vídeos teñen moitas visualizacións. Entendemos que serviron de axuda a moita outra xente. E sempre estarán á súa disposición por se teñen recaídas das súas doenzas. Esta proposta pode ser un referente para o sector?
Indubidablemente. Debería de selo. Os vídeos non deixan de ser unha proposta didáctica de saúde efectiva, que ademais nos axudan a xestionar mellor os recursos sanitarios. Qué outras proposta gustaríalles desenvolver tras esta iniciativa?
Debemos mellorar a accesibilidade aos vídeos a través de aplicacións ( app) para que os pacientes poidan acceder facilmente a través de móbiles e tablets. Mesmo pensamos que se pode establecer unha relación médico-paciente ou terapeuta-paciente a través de apps, co envío dos vídeos individualizados máis adecuados para cada paciente, en función da lesión e o tempo de evolución no programa de rehabilitación. Qué continuidade e utilidade ten, principalmente pensando no futuro?
Os vídeos de rehabilitación non caducan. Existen exercicios alternativos aos que nós presentamos e aparecerán outros no futuro, pero os que presentamos seguirán sendo vixentes co paso dos anos e estarán accesibles para todo aquel que o desexe. A través dos vídeos está a xerarse unha corrente circular xa que se está monetizando as visualizacións e isto á súa vez converteuse nunha fonte de ingresos para unha segunda vía de axuda social: Discamino. Algunha vez pensaron que o confinamento ía dar estas dúas vías positivas?
En absoluto. A repercusión dos vídeos pillounos por sorpresa. Cando levabamos 3.000 visualizacións, o hospital fixo unha nota de prensa. Aos tres semanas levabamos 100.000 visualizacións. E aos dous meses ao redor de 1 millón. Non expuxeramos este escenario e a monetización chegou sen esperala. O noso servizo, que se dedica á atención da discapacidade, está moi satisfeito de poder colaborar con colectivos que loitan por integrarse nunha vida social e recreativa como a que coñecemos a maioría de nós.