A Xunta apoia a formación para o emprego a través dunha liña de axudas

A Xunta apoia a formación para o emprego a través dunha liña de axudas Destacado

Imprimir Email
(0 votos)

A Xunta ten convocadas axudas por 29,5 millóns de euros para obradoiros e programas integrados de emprego que permiten o desenvolvemento de 96 iniciativas para incrementar a formación e as oportunidades laborais.

Unha nova aposta da administración autonómica pola formación como impulso para o emprego que a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou no encontro en liña mantido recentemente con alcalde de Ames, José Manuel Miñores. Nesta videoconferencia avaliáronse os programas do departamento autonómico dirixidos a impulsar a formación para o emprego. Lorenzana puxo en valor a importancia de ofrecer ás persoas demandantes de emprego unha cualificación especializada para incrementar as posibilidades de atopar un traballo, ao tempo que destacou a aposta do Goberno galego por ofrecer unha formación á carta das necesidades do tecido empresarial. Así, indicou que nesta liña a Xunta ten en marcha programas como os obradoiros e os programas integrados de emprego, así como as unidades formativas na empresa. Durante o encontro Lorenzana, resaltou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar entre todos o emprego local. Neste senso, agardou seguir estreitando a colaboración co Concello de Ames como ata o de agora. En 2019, esta Administración local recibiu o apoio da Consellería de Emprego e Igualdade a través de diferentes liñas de axudas que sumaron máis de 700.000 euros.