Cerca de 9.500 personas traballan directamente a través do labor desenvolvido polo Foro pola Economía Social Galega. Unha entidade que representa a 371 organizacións, que anualmente facturan máis de 1.616 millóns de euros.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, completou ao longo longo destas semanas unha rolda de encontros con representantes do Foro pola Economía Social Galega e cos interlocutores das entidades que o integran. Como resultado dos mesmos sentáronse as bases das relacións que a Xunta estreitará en 2021 con estas organizacións, dado o papel esencial que terán cara á reactivación económica, polo seu compromiso coas persoas e co traballo inclusivo.
Unhas reunións nas que a conselleira trasladou o compromiso a da Xunta coa economía social, un modelo sustentable e igualitario que promove emprego de calidade e que ten un papel esencial cara a reactivación económica de Galicia.
A Consellería de Emprego e Igualdade traballa para fortalecer a presenza deste modelo empresarial, que ten entre a súas virtudes o seu gran achegamento á sociedade e ao territorio. Para Lorenzana, as entidades da economía social teñen un papel decisivo como motor da reactivación económica e formar parte da esencia dos galegos e galegas e por ter demostrado tradicionalmente grande resiliencia ante os cambios.
A Xunta comparte obxectivos comúns con cada unha das entidades que integran o Foro, no marco da Estratexia Galega de Economía Social 2019-2021, que busca crear novas oportunidades de negocio e de actividade económica en empresas que están enfocadas ás persoas e que contan cunha maior cohesión territorial e social. Entre outros, na busca da visibilidade do conglomerado da economía social, representando os seus intereses ante os principais axentes económicos e da vida pública e promovendo actividades de colaboración, plans locais de economía social e oportunidades sectoriais.
En 2019 Galicia foi designada como rexión amiga da economía social pola Comisión Europea. No marco da estratexia para este sector, a Xunta pretende que as entidades de economía social poidan ser un 10% máis e xeren un 20% máis de emprego ata finais de 2021. Tamén se traballa para potenciar a presenza feminina nas cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral que conforman a economía social.