O Instituto de Seguridade e Saúde de Galicia elaborou unha serie de recomendacións específicas para persoas traballadoras que continúan a acudir aos seus centros de traballo estes días. Nestes documentos recóllense medidas preventivas para manter a distancia de seguridade e garantir a hixiene e limpeza nos espazos e están divididos por sectores de actividade.
Na web do ISSGA atoparás máis información sobre prevención ante o coronavirus e medidas para outros sectores de actividade. Ademais, recordámosche que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten á túa disposición un sitio web con información práctica actualizada sobre emprego en relación ao COVID-19.