A Xunta potencia o liderado, a creatividade e o emprendemento feminino co programa Son Executiva

A Xunta potencia o liderado, a creatividade e o emprendemento feminino co programa Son Executiva

Imprimir Email
(0 votos)

A Consellería de Economía, Emprego e Industria porá en marcha este mes de febreiro o programa Son Executiva, unha iniciativa a través da cal ofrecerá formación en liderado, creatividade e emprendemento a 400 mulleres galegas.

O obxectivo deste programa é reforzar os coñecementos das mulleres en xestión executiva para que estas poidan acceder a postos de alta dirección nas empresas, así como proporcionarlles ferramentas para que potencien o seu desenvolvemento e a consecución das súas metas profesionais. 

Son Executiva divídese en dous itinerarios formativos:

  • Curso executiva Nivel 1: Formación en desenvolvemento profesional e estilo de liderado para promover as mulleres galegas a postos de alta dirección, mellorando o seu perfil de xestión, para o seu ascenso profesional e facilitar o seu acceso a postos de alta dirección. 
  • Curso executiva Nivel 2: Formación para dotar ás mulleres galegas, sen necesidade de experiencia previa en xestión, de habilidades para a toma de decisións, traballo en equipo, xestión de conflitos e o deseño dun plan personalizado para mellorar as competencias profesionais. 

De cada un destes itinerarios formativos realizaranse dúas edicións, de 20 participantes en cada unha, nas seguintes cidades: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Unha vez rematada a formación, as alumnas poderán beneficiarse do programa individualizado de coaching no que poderán poñer o seu talento e capacidade ao servizo dos seus obxectivos e desafíos profesionais. 

Xornada inaugural

O vindeiro 21 de febreiro celebrarase en Santiago de Compostela en horario de mañá unha xornada inaugural de Son Executiva. O evento está aberto a todas as persoas que desexen saber máis sobre esta iniciativa, pero por motivos de aforo é preciso confirmar asistencia previa. Podes coñecer máis detalles sobre o programa da xornada aquí