Coa chegada do mes de setembro, a RSE-Innolab retoma a súa actividade habitual cunha oferta formativa dedicada a todas as persoas interesadas en aprender e mellorar os seus coñecementos en responsabilidade social empresarial.
Dentro da programación desta oficina presencial da Xunta de Galicia inclúense dous cursos especializados dunha duración de 40 horas presenciais, ademais dun bloque formativo en liña a través da plataforma dispoñible en formacion.gemcat.eu:
- "Cales son os pasos que debo seguir para implantar a RSE na miña organización?" celebrarase do 9 ao 27 de setembro, Está dirixido a todos aqueles que desexen integrar a RSE na xestión global da súa empresa, así como todas as persoas interesadas en coñecer as implicacións que a responsabilidade social empresarial supón de cara á xestión dunha organización e as súas relacións coa sociedade.
- "RSE: motor rendible de cambio (igualdade, conciliación, diversidade, felicidade, prevención efectiva da PRL...)" terá lugar desde o 13 ata o 28 de setembro. Este é un módulo creado para achegar ás empresas o potencial de cambio da RSE dentro e fóra das empresas.
Sesións networking
Ademais de estas actividades formativas, a RSE-Innolab celebrará varias sesións networking que ofrecerán ás empresas galegas a oportunidade de aprender e compartir experiencias. As temáticas e as datas serán anunciadas na web da oficina e en rse.xunta.gal.