"A maioría das empresas están pouco implicadas na incorporación do talento feminino"

"A maioría das empresas están pouco implicadas na incorporación do talento feminino"

Imprimir Email
(0 votos)

A Fundación Woman Forward é unha institución sen ánimo de lucro onde mulleres e homes comprometidos coa sociedade civil suman esforzos para promover o liderado feminino, para así incrementar a participación das mulleres nas esferas de decisión. Falamos coa súa presidenta, Mirian Izquierdo, que ademais forma parte do listado de Referentes Galegas, de Executivas de Galicia.

Que ocorre cando as empresas deciden apostar polo talento feminino?

As empresas que apostan polo talento feminino teñen máis oportunidades de contar cun talento diverso, susceptible de xerar innovación e polo tanto, riqueza e unha maior competitividade. Á súa vez, de forma innegable incrementan as súas posibilidades de entender mellor os requirimentos dos distintos grupos de consumidores no mercado. En ocasións o seu nivel de compromiso é maior e, polo xeral, tamén a súa fidelidade coa empresa, de conformidade coas distintas investigacións científicas.

O goberno corporativo mellora, enriquécese o debate e a posibilidade de xerar crecemento e finalmente mellora a percepción da empresa por parte dos stakeholders cos que se relaciona.

Que razóns existen para non valorar ou ter en conta ás mulleres á hora da contratación?

Existen varias razóns para non valorar a diversidade do talento: barreiras asociadas ao teito de cristal, como aquelas relacionadas coa falta de visibilidade das mulleres, a infravaloración da súa experiencia e formación. Tamén as relacionadas co ámbito da vida privada, sociais ou de comportamento, que son aquelas que coñecemos comunmente como sesgos de xénero, que poden ser conscientes, inconscientes ou culturais. Entre elas, destacan as relacionadas coa percepción de que as mulleres están máis predispostas a coller permisos e reducións de xornada para o coidado dos fillos e, por suposto, os permisos ligados á maternidade.

Pero existen tamén razóns asociadas á fenda de ambición e diferenzas no concepto de poder das mulleres, dado que son menos agresivas e habitualmente rexeitan o estrés asociado aos postos de alta dirección, tal e como funcionan as empresas hoxe en día.

Finalmente, existen razóns asociadas ás políticas das empresas ligadas á propia xestión empresarial e ás políticas de recrutamento e promoción.

Como de implicadas están as empresas na incorporación do talento feminino?

A maioría das empresas están pouco implicadas. Hai algunhas que están en contra, noutras fálase a nivel da dirección, pero esperando que nada cambie, e tan só hai unha pequena porcentaxe que realmente vai en serio co tema da igualdade. Xa nun artigo meu, publicado no 2018, explico que se as compañías continúan contratando e promocionando a mulleres ao ritmo actual, a cantidade de directivas, no mellor dos casos, aumentará unicamente un 1% nos vindeiros 20 anos. 

En que tipo de empresas cre que é máis sinxelo acadar a paridade nos postos directivos, nas pemes ou nas grandes empresas? Por que?

As grandes empresas son máis sensibles á creación de valor das mulleres. Por outro lado, tamén teñen ás veces máis atractivo á hora de atraer talento feminino e flexibilidade á hora de retelo e unha mellor oferta nas condicións laborais relacionadas coa corresponsabilidade.

Por último, que valores pensa que poden aportar as mulleres como directivas?

Un maior número de mulleres nas empresas permitiría aproveitar mellor a reserva de talento dispoñible, o que redundaría nun potencial maior crecemento. No informe Unlocking the Full Potential of Women at Work, de Barsh e Lee, realizaron un ambicioso proxecto de investigación en sesenta corporacións do Fortune 500 ou de tamaño similar. As conclusións puxeron de relevo calidades cruciais das mulleres para o crecemento da compañía, tanto a nivel económico como corporativo. Algúns exemplos son unha sólida ética de traballo, orientación a resultados, resistencia e persistencia en obter retroalimentación.


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel casino siteleri sex sohbetleri casino siteleri