Almorzos temáticos de verán para empresas interesadas na responsabilidade social

Almorzos temáticos de verán para empresas interesadas na responsabilidade social

Imprimir Email
(0 votos)

Durante a segunda semana do mes de xullo a RSE-Innolab celebra os seus primeiros almorzos temáticos de responsabilidade social empresarial. Terán lugar os días 9 e 11 de xullo en horario de mañá, no Trend Café (A Coruña), e están abertos a todas aquelas empresas que desexen coñecer máis sobre a RSE.

Ambas actividades son totalmente gratuítas e os participantes poderán asistir a unha parte ou á actividade completa. 

A primeira das sesións, que leva por título "RSE para novat@s: Que é a RSE que non? A importancia do enfoque estratéxico". Celebrarase o martes 9 de xullo e ten o seguinte programa:

09:00h - Recepción

09:15h - Presentación da formación: "Que é a RSE? Integración na estratexia empresarial". Ana Rodríguez Vázquez (Docente)

10:15h - Café networking

11:00h - Formación práctica en RSE: "A importancia da planificación estratéxica na RSE"

Se estás interesado en participar podes inscribirte no formulario que atoparás nesta ligazón.

O xoves 11 de xullo terá lugar o segundo destes almorzos, "Marcando o camiño cara unha nova economía circular", cuxo programa é o que se detalla a continuación:

09:00h - Recepción

09:15h - Presentación da formación: "Economía Circular aplicada á empresa: rexenerativa por deseño". Ana Rodríguez Vázquez (Docente)

10:15h - Café networking

11:00h - Formación práctica en Economía Circular: "Principios e características da economía circular"

Para asistir deberás confirmar atúa presenza cubrindo o formulario dispoñible aquí

A RSE-Innolab manterá a súa actividade durante o verán. Toda a información relativa ás futuras sesións, encontros ou formacións estará dispoñible na súa web e en rse.xunta.gal.