Xa podes apuntarte nas actividades de formación que a RSE-Innolab celebra no verán

Xa podes apuntarte nas actividades de formación que a RSE-Innolab celebra no verán

Imprimir Email
(0 votos)

A RSE-Innolab continúa a súa actividade durante o verán e oferta catro formacións especializadas durante os meses de xullo e agosto. 

Todos aqueles interesados en coñecer as últimas tendencias relacionadas coa xestión de recursos e o deseño de produtos e servizos sustentables xa poden inscribirse en "Economía circular aplicada á empresa: rexenerativa por deseño". Este curso terá lugar do 11 ao 20 de xullo e as persoas participantes terán a oportunidade de descubrir os principios da economía circular para transformar a nosa forma de pensar e actuar en consecuencia, tanto a nivel individual como colectivo. Podes atopar máis información aquí

Desde o 24 de xullo e ata o 17 de agosto, as empresas galegas poderán aprender cal é o potencial estratéxico que a responsabilidade social empresarial ten á hora de diferenciarse na formación "A túa imaxe RSE como carta de presentación". Toda a información relativa ás modalidades de formación, horarios e inscrición está dispoñible nesta ligazón.

Para todos aqueles que desexen saber máis sobre como aplicar a economía circular no desenvolvemento de produtos, servizos e procesos é a formación "Xestión do deseño para unha economía circular". Celebrarase desde o 1 de agosto ata o 7 de setembro e está pensada para responsables de desenvolvemento de produto e I+D+i, deseñadores e emprendedores. Consulta aquí todos os detalles.

A última das actividades de verán é "Habilidades de creación de accións RSE", do 21 de agosto ao 4 de setembro, dirixida a todos os colectivos da empresa. A través de sesións teóricas e a posta en práctica de cada técnica aprendida, achegarase ao alumnado o potencial que ofrece o desenvolvemento de habilidades creativas na concepción real da RSE na empresa. Todo o relativo a horarios e inscrición atoparalo nesta ligazón.

Lembramos que, ademais das formacións especializadas, a RSE-Innolab conta con sesións networking e outras actividades na súa programación. Toda a información relativa ás mesmas será anunciada na súa web e en rse.xunta.gal.


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel